O Concello de Nigrán organiza un curso de acompañante de transporte escolar destinado a mozos e mozas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos. Terán preferencia as persoas desempregadas.
Tamén poderán participar as persoas que non cumpran o requisito de idade se a totalidade das prazas non fose cuberta.
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude dende o día 5 ata o día 12 de maio no Rexistro Xeral do Concello.
Máis información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón, Nigrán (antiga estación do tranvía), no teléfono 986 383 081, ou no correo electrónico omixnigran@nigran.org.