O Concello de Nigrán atópase totalmente comprometido coa cultura e o patrimonio asociado a ela,  situándonos como todo un referente. Os nosos pazos, o arco visigótico de Panxón e o seu Templo Votivo do mar (construído por Antonio Palacios), a Ponte romana de Ramallosa, o Monumento á Marina Universal en Monteferro do arquitecto Manuel Román… sen esquecernos do  patrimonio intelectual como o deixado por escritores como Torrente Ballester ou  Carlos Casares.

O interese etnográfico que ofrece Nigrán é amplo: procesións, alfombras florais de Corpus, as festas patronais, as fogueiras de San Xoan…

Paralelamente, e ao longo de todo o ano, o Concello ofrece múltiples exposicións de pintura ou fotografía, concertos, festivais estivais (Nigranjazz, Vive Nigrán, Solpor, ChandeFolk…), teatro, actividades de recuperación da memoria histórica, feiras gastronómicas…

LINK MINISITE

 

  • ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS

 

As Escolas Municipais Culturais teñen como finalidade fomentar e promocionar a música e as artes entre mozas e maiores, potenciando a visión educativa da área cultural.

Os cursos comezan no mes de outubro, coincidindo co inicio da tempada escolar, e terminan a finais de maio.

As actividades impartidas caracterízanse por ser marcadamente xenéricas e globalizadoras, tendo cabida as distintas tendencias artísticas actuais.

 

Modalidades

  • Guitarra
  • Pintura
  • Cerámica
  • Torno

 

 

Máis información:

  • Departamento Cultura Concello de Nigrán