‘Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)’

Data de inicio 26/10/2022
Data de fin 26/10/2022

A programación do ‘Mes da Memoria’ a pechará o mércores 26 ás 20:00 horas a presentación do libro ‘Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)’ de Xosé Álvarez Castro, acto no que colabora o Instituto de Estudos Miñoranos. Con este traballo o autor completa a investigación de ‘Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)’, publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado ‘primeiro franquismo’. A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas. Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

 

WordPress › Error

Ha habido un error crítico en esta web.

Aprende más sobre el diagnóstico de WordPress.

Click to listen highlighted text!