Patos Surfing Day

Data de inicio 27/06/2021
Data de fin 28/03/2024

Concello de Nigrán e Escolas de Surf de Patos abren a tempada de verán este domingo 27 de xuño festexando o ‘International Surfing Day’, unha xornada mundial simultánea adicada á promoción desde deporte e a súa cultura. Durante este día desde Nigrán achegarase ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas, ademais de ter a oportunidade de coñecer a surfeiros profesionais e compartir valores de convivencia e respecto polo medio ambiente.

Entre as diferentes actividades prevista nesta décimo segunda edición na localidade destaca a posibilidade de que os empadroados en Nigrán maiores de 7 anos e que saiban nadar reciban un bautismo de surf totalmente gratis previa solicitude a deportes@nigran.org ata cumplir o máximo de 50 participantes (será por rigorosa orde de inscrición).

Igualmente, destaca o concerto de The Mirror ás 15:00 horas (instalaranse diferentes food-truks). O grupo, con fonda raigame na comarca, nace no 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes e con longas traxectorias que decidiron xuntase cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista – actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista – actualmente Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais. Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, sendo uns dos progagonistas do festival Solpor Monteferro, regresando agora a Patos.

O horario das actividades é o seguinte:



11:00 CONFIRMACIÓN INSCRICIÓNS

12:00 CHARLA TEÓRICA NA PRAIA

12:15 IOGA

12:30 LIMPEZA DE PRAIA


13:00 PRÁCTICA NO MAR


14:15 FIN DO BAUTISMO SURFISTA


14:30 FOODTRUKS

14:45 ZOA

15:00 MUSICA EN DIRECTO CON ‘THE MIRROR’

16:00 XOGOS NA AREA


16:30 ENTREGA DE AGASALLOS E PREMIOS.



WordPress › Erro

Houbo un erro crítico na túa web.

Aprende máis sobre o diagnóstico de WordPress.

Click to listen highlighted text!