Festas de Priegue

Data de inicio 2/09/2022
Data de fin 2/09/2022

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O PROGRAMA ‘MÚSICA NAS PARROQUIAS’ PARA COLABORAR NA CELEBRACIÓN DAS FESTAS DE PRIEGUE

As celebracións arrancan o venres 2 de setembro e rematan o domingo 4, colaborando o Concello coa actuación da Orquesta Camelot, a Banda de Música do Val Miñor e a verbena do sábado con D´Líder e Cristian de Samil

Nigrán, 30/08/22.- O Concello de Nigrán colabora coa Asociación de Veciños ‘A irmandade’ de Priegue, Comunidade de Montes e Centro Cultural e Recreativo ‘O Torreiro’, para poder levar a cabo as festas do Bo Xesús da Paciencia do 2 ao 4 de setembro. Así, o Concello contribúe a través do programa municipal ‘Música nas Parroquias’ coa actuación da Orquesta Camelot, a Banda de Música do Val Miñor e a verbena do sábado con D´Líder e Cristian de Samil.

Os festexos comezarán o venres 2 coa misa ás 20:00 na honra de San Mamede e verbena co grupo local Three Roosters, Komoayer e Orquesta Camelot. Ao día seguinte a Misa e procesión serán na honra da Virxe do Carme e a verbena con D´Lider e Cristian de Samil. Xa o domingo, día grande, será a Misa Maior do Bo Xesús da Paciencia con procesión acompañada da Banda de Música do Val Miñor e posterior concerto. A verbena correrá a cargo de Sabor Latino. O luns 5 ás 12:00 será a Misa de San Antonio ás 12:00 e, durante todo o día as atraccións serán a metade de precio (o domingo de 18:30 a 20:30 serán gratis para toda a cativada).

Con estas festas, o Concello de Nigrán remata este ano o seu programa ‘Música nas Parroquias’, nacido hai tres anos para apoiar as festas patronais do municipio, moitas delas organizadas ao 100% desde o consistorio ao non terse constituído comisións. O Concello investíu neste 2022 a través de ‘Música nas Parroquias’ máis de 60.000 €, destes cartos, a Deputación de Pontevedra achegou 10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos.

“Iniciamos este programa co Covid-19 para poder manter as festas pese a ausencia de comisións organizadoras e apostamos pola súa permanencia para garantir a pervivencia das mesmas porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

WordPress › Erro

Houbo un erro crítico na túa web.

Aprende máis sobre o diagnóstico de WordPress.

Click to listen highlighted text!