Convocatoria do programa diúrno de balnearios Coidarte 2014

O Concello de Nigrán informa que a Deputación Provincial de Pontevedra organiza e convoca o Programa Diúrno de Balnearios “Coidarte 2014”. O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús e gozando de diversos servizos durante unha media de 2 horas diarias.

A iniciativa, cofinanciada pola Deputación e o Concello de Nigrán, está dirixido a persoas maiores de 50 anos e pensionistas que acrediten a súa necesidade, por un prezo por persoa de 63 euros. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 19 de xullo. As persoas interesadas poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Nigrán os martes ou xoves solicitando cita previa no teléfono 986 365 000, extensión 4.