Consulta o listado de inscritos para o Surfing Day 2014

O Concello de Nigrán, en colaboración con Patos Surf Club, organiza o Surfing Day 2014, que se celebrará con motivo do Día Internacional do Surf na praia de Patos o vindeiro domingo 29 de xuño entre as 9.30 e as 20.00 horas. Con esta xornada, o concello ten como obxectivo promover o surf e a súa cultura, coincidindo a apertura da tempada estival.

Durante este día, o concello presentará ao público a cultura e o deporte do surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas, así como dar a coñecer e compartir valores de convivencia e respecto ao medio ambiente.

Aínda que esta iniciativa ten dez anos de antigüidade, esta é a primeira edición organizada polo concello, “que ten como fin a promoción do surf a nivel mundial, na que participan de forma conxunta 31 países, con máis de 3.000 actividades e uns 30.000 participantes en total”, sinala a concelleira de Turismo, Cultura e Deporte, Liliana Silva.

Entre as actividades do Surfing Day 2014 destacan cursos gratuítos de surf, seminarios de fabricación artesanal de táboas, uso gratuíto do material, inchables para nenos, talleres de pintura, concursos de baile, yincanas, concertos, exhibicións de surf e flyboard, e moitas sorpresas máis.

HORARIOS PREVISTOS

09:30 a 10:00 Entrega de identificaciones
10:00 a 19:00 Test tablas de surf (Pukas, Lost, Al Merrick)
10:00 a 10:30 Charla teórica (grupo 1 y 2)
10:30 a 11:30 Seminario “fabricación artesanal de tablas de surf” 1ª parte
10:30 a 12:00 Clase práctica surf (grupo 1)
12:00 a 13:30 Clase práctica surf (grupo 2)
12:30 a 13:30 Seminario “fabricación artesanal de tablas de surf” 2ª parte

16:00 a 17:00 Curso paddle surf
17:00 a 18:00 Exhibición Fly Board
17:30 a 19:00 Concierto (en terraza Club Patos)
18:00 a 19:00 Exhibición Equipo de Surf Patos
16:00 a 19:30 Alquiler de material gratuito, hinchables, taller de pintura, personalización de tablas de surf, juegos y concursos.
18:30 a 20:00 Charla sostenibilidad + Recogida de basura
20:00 Entrega de premios y fin de la jornada

A organización avisará por orden de inscrición aos que estean en lista de espera no suposto de haber algunha baixa de última hora.