Hoxe comeza en Nigrán un novo campus deportivo de verán, organizados polo Concello de Nigrán en colaboración cos clubs locais, co dobre obxectivo de fomentar a práctica do deporte entre os máis pequenos e axudar a conciliar a vida laboral e familiar.
Nesta ocasión a piragua é a protagonista, da man do Club Piragüismo Val Miñor, co curso que comeza hoxe que se desenvolverá até o vindeiro venres 26 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas nas praias de Panxón e Praia América.
O Concello de Nigrán lembra que aínda están abertas as inscricións para os campus de verán de fútbol, a cargo do R.C. Vilariño, de Pádel, nas instalacións da Praia Club, e de BTT. O horario dos campus varía en función da práctica deportiva, pero celébranse sempre de mañá. Máis información e inscricións na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, no 986 36 87 34 e no correo electrónico oficinaturismo@nigran.org.