CINE DE NADAL

🍿📽️🎞️Xa está aquí a programación do ‘Cine de Nadal’ do Concello de Nigrán nos cines municipais do Centro Comercial A Ramallosa.
🎄🤶Haberá películas familiares todos os sábados ás 18:00 horas. Como todas as proxeccións infantís neste espazo público, son gratis mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo.
➕A maiores, o Concello ofrece o xoves 11 de decembro ‘Plácido’ e o 18 ‘¡Qué bello es vivir!’, tamén ás 18:00 horas e sen necesidade de retirar invitación.
‼️🛜Toda a programación de Nadal polo míudo está pendurada na web do Concello de Nigrán no apartado ‘Próximos Eventos’ https://www.nigran.es/agenda/