FORMULARIO DE INSCRICIÓN
O CONCELLO DE NIGRÁN E OVALMI BUSCAN NEGOCIOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA CAMPAÑA D
E PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL DESTE NADAL
Os que desexen sumarse deben inscribirse ata o 24 de novembro nun formulario web en www.nigran.es. Darase prioridade aos que nunca participaran nas campañas #VivoEnNigránComproEnNigrán e #EuSonDe MercarEnNigrán
O Concello volverá a publicitar por todos os medios esta nova campaña protagonizada, como sempre, polos propios comerciantes. Instalaranse vallas, difundirase en redes e mediante cartalería
Nigrán, 12/11/24.- O Concello de Nigrán busca novos protagonistas para a campaña de Nadal de promoción do comercio local que realiza cada ano xunto a asociación de empresarios Ovalmi. Con este fin, os negocios interesados (sexan ou non socios de Ovalmi) dispoñen ata o 24 de novembro para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es ou directamente en https://forms.gle/piriSMeVP55xUF3M8 . O obxectivo é darlle continuidade ao lema ‘#VivoEnNigránComproEnNigrán’ e #EuSonDeMercarEnNigrán empregando novamente os rostros de coñecidos comerciantes da localidade como reclamo. Nesta ocasión, búscanse comercios que nunca participaran neste tipo de campañas e só se admitirán “repetidores” se non se acada o mínimo suficiente.
“A campaña de Nadal de promoción do comercio local é xa unha tradición do Concello de Nigrán que arrancamos nos pero que agora nos reclaman cada ano os comerciantes porque funciona moi ben nunhas datas de moitas compras. Serve tamén para conciencienciar á cidadanía da responsabilidade individual de cada un de nos á hora de consumir e dá continuidade ao noso traballo ao respecto”, defende o alcalde, Juan González, quen considera que “o mellor reclamo é porlle cara aos nosos comerciantes”, polo que o Concello segue apostando por este tipo de campaña personalista.
A iniciativa municipal comprende diferentes aspectos que se irán anunciando conforme se achegue a data, pero volverá a incluir vallas, cartalería, difusión en redes… “Agora estamos na fase de encontrar novos comerciantes dispostos a posar para poder levala adiante, nos gustaría que, a través deles, unha vez máis, todos se sintan representados”, finaliza González, quen agradece a colaboración de Ovalmi.



