Campamento de verán 2022

Acceso a toda a información sobre o campamento

 

O CONCELLO DE NIGRÁN AMPLÍA NUN NUN 50% AS PRAZAS PARA O CAMPAMENTO MUNICIPAL DE VERÁN 2022

O prazo de inscrición abre o luns 2 de maio coa principal novidade de aumentar de 120 a 180 as prazas co obxectivo de dar cabida a todas as familias solicitantes

Nigrán, 30.04.22.- O Concello de Nigrán organiza como cada ano o “Campamento de Verán 2022” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar da veciñanza. A principal novidade deste ano é a ampliación do número de prazas, pasando do récord de 120 do 2021 ás 180 deste ano, un aumento de case un 50% e dun 100% nos últimos 3 anos. O obxectivo do goberno local é poder dar resposta deste xeito a todas as familias empadroadas que o soliciten. “Con esta ampliación, tendo en conta as solicitudes de 2021, creemos que cubriremos todas solicitudes e non quedará ninguén fora”, explica o alcalde, Juan González.

O campamento está destinado a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 27 de xuño ata o día 29 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 13 de maio. Este desenvolverase no C.E.I.P. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina web www.nigran.es/Taboleiro de Anuncios/Anuncios.

Para mais información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón (Estrada pola vía, 65), tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.