CABALGATA DE REIS 2025

OS REIS DE ORIENTE ENVÍAN UN COMUNICADO AO CONCELLO DE NIGRÁN AVISANDO QUE A CABALGATA DE REIS ADIÁNTASE AO SÁBADO 4 POR MOR DA CHOIVA

A Comitiva Real estará dende as 15,30 ás 16,00 horas na Praza do Concello recibindo aos máis cativos e a continuación percorrerá o centro de Nigrán ata A Ramallosa para rematar en Panxón.

Como Reis Magos de Oriente comunicamos que adiantamos a gran Cabalgata de Nigrán ao sábado 4 de xaneiro, xa que o domingo 5 vai a haber un gran temporal e sería moi dificil facer a cabalgata e ademáis xa somos moi maiores como para coller unha molladura”, declara o Rei Melchor, portavoz da Comitiva Real.

Nigrán se viste de fantasía para recibir a los Reyes Magos en la Cabalgata “Nigranlandia” Un mundo mágico de princesas, principes, elfos y duendes, con la tradicional llegada de sus Majestades de Oriente y las Reinas magas.

As Súas Maxestades estarán presentes na Praza do Concello de Nigrán ás 15:30 horas para saír ás 16:00 horas, que partirán pola rúa Rosalía de Castro e Manuel Lemos. Como xa é tradicional as 16,30 a comitiva retomarase na Ramallosa (Rúa Valle Inclán) co Séquito Real, Raíñas magas a cabalo, Paxes reais e os 3 Reis Magos para percorrer Cabreira, Romana Alta e Damas Apostólicas, Parque da Feira seguidamente continuarán por Romana Baixa e Manuel Lemos. Logo pararán en Lourido, Barrio Area (18,00) e finalmente, a comitiva reaparecerá en Panxón (antes do espazo deportivo de Gaifar) para chegar sobre as 18:30 horas ata o pavillón de Panxón. onde habrerá unha tirada de fogos de lucería. A Cabalgata Real continuará polas rúas Jesús Espinosa, Mariñeiro e Paseo Marítimo e entrarán sobre as 19,00 horas no pavillón onde se levará a cabo a Recepción Real.

As Súas Maxestades estará acompañados por un séquito de máis de 120 paxes de diferentes entidades culturai e deportivas de Nigrán. Ademais, a Rondalla de Parada se sumará á comitiva na Ramallosa e repartirán máis de media tonelada de caramelos e gominolas sen glute dentro da campaña que o concello de Nigrán está a facer na hostalería local para que os menús sen gluten sexan unha marca Nigrán.

O comunicado dos Reis adiantando a cabalgata por mor da choiva é moi benvido xa que é o momento de devolverlle aos máis cativos a maxia e a ilusión da noite de Reis. Este é un día moi importante para os máis pequenos e dende o Concello de Nigrán queremos axudalos a seguir soñando”, sinala o alcalde, Juan González.