Baile de Namorados por San Valentín

O Concello de Nigrán celebrará o vindeiro venres 14 de febreiro, día de San Valentín, un baile de namorados para maiores, que terá lugar no Salón de Actos municipal entre as 19.00 e as 22.00 horas, e contará a actuación musical do trío Azahar. Do mesmo xeito que noutras actividades organizadas polo concello, o goberno municipal habilitará un punto de recollida de alimentos non perecedoiros e perecedoiros de longa duración para o fondo municipal de alimentos.