Turismo, Economía e Facenda
Sabemos que o turismo, unha das grandes actividades xeradoras de emprego e desenvolvemento económico de Nigrán, preserva o patrimonio cultural e natural ao tempo que potencia intercambios culturais que forman parte da nosa identidade, por iso é tamén a nosa gran aposta.
Queremos un Nigrán do que sentirnos orgullosos, por iso as persoas deben ser o eixo de todas as nosas políticas, primando sempre a igualdade entre todas elas e sendo eles, os cidadás, os únicos protagonistas deste goberno mediante medidas de participación e consulta. Asemade, buscamos un Nigrán onde a xuventude, verdadeiro futuro de Nigrán, non teña que mudarse a outros municipios e viva feliz aquí.
Cristina Dosil
Concelleira de Turismo, Xuventude e Participación Cidadá