Sanidade, Turismo Social e Mercados
Cremos nunha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade para todos e non cesaremos no noso empeño de lograr que así sexa mediante todas as medidas que estean ao alcance do consistorio.
O Goberno local de Nigrán entende que viaxar forma parte tamén da saúde mental, porque non só serve para descubrir lugares novos, senón que nos achega moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención.
Traballaremos xuntos para lograr un Nigrán ben xestionado e impulsaremos o comercio local mediante políticas que apoien o consumo no municipio ou o emprendemento.
Seguiremos apostando por manter os nosos festexos populares e porque o Día de San Fiz, patrón de Nigrán, sexa un verdadeiro día de festa para Nigrán.
Alfonso Vázquez Pérez
Concelleiro de Sanidad, Comercio, Turismo Social e Festexos Populares