Animación infantil e visita guiadas polos pazos de Nigrán

O parque infantil de Praia América albergará mañá unha nova sesión de animación para os máis pequenos co espectáculo “Ou chou de Troula”, de Troula Animación, a partir das 20.30 horas. Así mesmo, o Concello de Nigrán lembra que o vindeiro mércores ofrece unha nova visita guiada polos pazos do municipio –A Touza, Cea e As Pías-, con saída ás 18.00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar, en Panxón. Máis información e inscricións no teléfono 986 36 87 34 ou no correo electrónico oficinaturismo@nigran.org.