‘XXXVII Rakú según Nigrán’

Data de inicio 1/06/2026
Data de fin 5/06/2026

 

O CONCELLO DE NIGRÁN AMOSA Á TÉCNICA MILENARIA DO ‘RAKÚ’ NA ESCOLA MUNICIPAL DE CERÁMICA

Este centro municipal celebra desde hai 37 anos esta semana do ‘Rakú’, sendo o introdutor en Galicia deste método xaponés do século XVI

O alumnado traballa counxuntamente para facer un forno ao aire libre, cocer as pezas, enfrialas inmediatamente en serrín e despois lavalas

A impresionante técnica milenaria do rakú regresa esta semana á Escola Municipal de Cerámica de Nigrán, introductora en Galicia hai 37 anos desta forma de facer xaponesa do século XVI. Como en cada edición, as portas do centro (rúa Sarmiento, 27, en Cotros, Nigrán) estarán abertas de luns a xoves de 16:30 a 21:00 para que toda persoa poda ver in-situ como o alumnado se organiza para construír conxuntamente un forno artesanal ao aire libre, como estiban dentro as creacións que fixeron e pintaron con esmaltes ex-profeso e como cando este alcanza os 1.000 graos (xeralmente en menos dunha hora) o abren e extraen con pinzas as pezas completamente incandescentes (coa aparencia do ferro cando se forxa) para rapidamente introducilas en serrín 15 minutos (isto dálle o seu particular aspecto cuarteado) e finalmente lavalas. O ambiente que se xera resulta moi especial por iso non é casualidade que a palabra ‘Rakú’ signifique ‘compartir, diversión e felicidade’. “Realmente é a antitécnica porque non sabes exactamente que vai saír, só podes intuílo, hai que ter a mente aberta; o resto do ano, sen rakú, os resultados son máis previsibles”, comenta Emilia Guimeráns, a directora da Escola Municipal de Cerámica.

Aínda que o rakú naceu en Xapón no século XVI, desde este país exportouna a Europa o artista británico Bernard Leach a finais do XIX e en Galicia introduciuse hai agora 37 anos de mans da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán. “Tras tantos anos celebrando esta semana de rakú, xa adquirimos o noso propio estilo”, explica Emilia Guimeráns, directora da Escola desde a súa orixe.

Ao longo dos dous meses previos, os 70 alumnos dos disntintos grupos da escola realizan pezas ex profeso para rakú, a única particularidade é que deben ser nun barro que resista o choque térmico, de liñas sinxelas e non demasiado grandes para poder optimizar o forno. Unha vez feitas píntanse con esmaltes especiais (desde vidriados a metalizados). O día máis importante é o da cocción porque todos os alumnos deben traballar conxuntamente. Así, primeiro

Compre destacar que, con máis de 40 anos de vida, o Concello de Nigrán ten a Escola Municipal de Cerámica máis antiga de Galicia e unha das únicas que existe, organizando ademais cada certo tempo encontros internacionais onde o alumnado aprende e comparte novas técnicas.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42