XVII Limpeza Simultánea de Ríos

Data de inicio 29/09/2024
Data de fin 29/09/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN SÚMASE O DOMINGO 29 DE SETEMBRO Á ‘XVII XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS’ NO MUÍÑOS

Os interesados en participar deben presentarse este día ás 11:00 horas no Muíño de Porto do Molle, que se abrirá para os participantes

Nigrán, 20/09/24.- O Concello de Nigrán súmase como cada ano este domingo 29 de setembro áXVII Limpeza Simultánea Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 11:00 horas. O punto de encontro para os que desexen participar é o muíño de Porto do Molle (estará aberto para visitalo). Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e roupa de auga.

Trátase dun día no cal voluntarios e voluntarias de toda Galicia saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza, valor e beleza dos nosos ecosistemas fluviais. Centos de Kg de refugallos xa foron extraídos dos ríos Muíños e Miñor nos anos pasados polas decenas de voluntarios que teñen participado nesta iniciativa.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental de Adega que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Muiño de Porto do molle, Rúa das Pontes, Nigrán, España