XVII Baixada de Carrilanas

Data de inicio 15/08/2025
Data de fin 15/08/2025

 

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA BAIXADA DE CARROS DE BOLAS ORGANIZADA ENTRE CONCELLO E CENTRO CULTURAL A CAMOESA

O popular evento terá lugar, como cada ano, a mañá do 15 de agosto

O Concello celebrará finalmente o 24 de agosto a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como poidas’ na Ramallosa

Nigrán, 14/07/25.- O Concello de Nigrán e o Centro Cultural A Camoesa abre ata o 12 de agosto ás 22:00 horas o prazo de inscrición para participar na popular baixada de carros de bolas que se celebra o 15 de agosto desde as 9:30 horas na rúa San Roque. Esta debe facerse online na web www.eventosnigran.es tendo un custe de 7 €/persoa.

A baixada de carrilanas en Camos (Nigrán) é un evento cultural e de ocio consolidado como unha tradición na zona, é unha proba de inercia moi divertida, un espectáculo visual emocionante cheo de colorido. Nese día as rúas da parroquia énchense de risas, nervios e aplausos mentres ‘voan’ estes auténticos ‘autos tolos’. A baixada comeza no Torreiro de San Roque e sigue pola mesma ata afrontar un xiro brusco á esquerda na rúa Xuncido, a partir de aí afrontan un maior desnivel, unha gran rasante, e unha curva final de 90 grados case na mesma liña de meta. Un percorrido de pouco mais de 1Km de lonxitude cun desnivel do 80%, polo que alguns chegan a alcanzar velocidades de vértigo. Cada participante pon a proba a súa habilidade e destreza ao volante co fin de acadar un bo rexistro que lle outorgue un premio na competición, sen descoidar o lado máis humorístico. A baixada é un evento que une xeracións e crea recordos inesquecibles, ao ser algo moi propio da parroquia de Camos.

Para máis información, contacto: 636 98 87 65

Flota como poidas’

Por outra banda, o Concello de Nigrán celebrará finalmente o 24 de agosto a concentración de artefactos flotantes ‘Flota como poidas’ na Ramallosa, abrindo o prazo de inscrición dúas semanas antes a través dun formulario web que debididamente se publicitará.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42