Xornadas de ‘Somos Terra’

Data de inicio 18/10/2025
Data de fin 18/10/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN COLABORA ESTE SÁBADO NAS XORNADAS INFORMATIVAS SOBRE VOLUNTARIADO DE ‘SOMOS TERRA’

A cooperativa que xestiona as horas municipais achegará ao público as entidades solidarias no Val Miñor e as oportunidades de intercambios xuvenís en Europa

Nigrán, 16.10.25.- O Concello de Nigrán colabora este sábado 18 de outubro coa cooperativa Somos Terra (entidad que xestiona as horas municipais) para a partires das 16:15 no Auditorio Municipal, xunto a escritora Soledad García, dar a coñecer o voluntariado e diversas maneiras de levalo a cabo, tanto desde o punto de vista local como europeo. O obxectivo é promover entre a mocidade (entre 14 e 30 anos) o aproveitamento de proxectos de mobilidade e interculturais.

Así, a partir das 17:00 horas realizarase unha una mesa redonda na que participarán diferentes entidades que teñen programas de voluntariado aberto a cidadanía do Val Miñor (Afaga, SomosTerra, Banco de alimentos de Nigrán, Aldeas infantiles, Bai Sen Pulgas). Ás 18:00 será a presentación do vídeo-conto de Sole ‘Lost: unha cura para Mauri’. Por último, ás 19:30 haberá unha charla formativa sobre oportunidades europeas, facendo fincapé nos programas Erasmus + e o Corpo Europeo da Solidaridade.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42