XIII Carreira pola praia ‘Nigran Area’

Data de inicio 21/09/2024
Data de fin 21/09/2024

CONCELLO DE NIGRÁN E SOCIEDADE ATLÉTICA VAL MIÑOR ABREN A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR O 21 DE SETEMBRO NA CARREIRA POLA PRAIA ‘XIII NIGRÁN AREA’

O prazo para participar nesta tradicional carreira pola ribeira de Panxón e Praia América está aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 17 de setembro ás 23:59 horas

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran o sábado 21 de setembro a 13 edición da ‘Nigrán Area’, carreira popular de atletismo pola praia que se viña realizando en agosto pero que este ano se decidíu trasladar a setembro porque a única marea baixa matinar de agosto coincidía con outra proba importante na comarca. O prazo de inscrición para esta tradicional proba pola ribeira de Panxón e Praia América está aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 17 de setembro ás 23:59 horas.

O evento deportivo arranca ás 11:00 horas e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón. Os sub 16 percorrerán 2 km, o sub 14 farán 1500 m, os sub 12 un km, os sub 10 percorrerán 500 metros, os sub 8 farán 300 metros e os máis pequenos farán 100 metros.

O percorrido para a proba absoluta son 6 km do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo.

Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior á proba (20 de setembro) no Pavillón Municipal de Panxón, situado na Avda de Gondomar, 2 en horario de 16:30 a 20:30 horas e o mesmo día da proba na propia praia de Panxón, a partir das 09:00 horas da mañá, e ata 30 min antes.

P.º Marítimo, 3, 36340 Nigrán, Pontevedra, España