VII Festival Miúdo ‘Parrulas Fest’: Concerto punk infantil + Gala Solidaria de Pallasos sen fronteiras

Data de inicio 6/08/2026
Data de fin 6/08/2026

 

PETER PUNK E BRAIS DAS HORTAS –  19:30 horas

Concerto PunkInfantil

Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?

O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste!

O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis… e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.

O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado “Concerto Punklnfantil”. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está

presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.

 

GALA SOLIDARIA POR GAZA ‘PALLASOS SEN FRONTEIRAS’ –  20:30 horas

Un ano máis non podía faltar a Gala Solidaria de “Pallasos Sen Fronteiras” no Parrulas Fest. Unha gala moi especial á gorra presentada por Peter Punk Pallaso e na que diversas artistas ofrecerán un espectáculo para apoiar a PALLASOS SEN FRONTEIRAS, unha organización que desenvolve o seu traballo a favor da infancia máis desfavorecida do estado. Así mesmo tamén actúa a nivel internacional para mellorar a situación emocional de nenos e nenas refuxiadas, desprazadas e afectadas por conflictos armados e desastres naturais.

Este ano, a recadación da gorra solidaria destinarase a futuros proxectos de PALLASOS SEN FRONTEIRAS dirixidos á infancia de Gaza e Palestina.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42