Viaxe a Perlim (inscrición previa)

Data de inicio 28/12/2025
Data de fin 28/12/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN ABRE ESTE XOVES E VENRES A INSCRICIÓN PARA A EXCURSIÓN A ‘PERLIM’ O DOMINGO 28 DE DECEMBRO

Trátase do parque temático de Nadal máis grande de Portugal e o prezo total é de €/persoa (menores de 3 anos, gratis). Teñen prioridade empadroados e familias con crianzas

Nigrán 16/12/25.- O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o domigo 28 de decembro e a un prezo popular de 8 €/persoa (os menores de 3 anos non pagan). A inscrición será o xoves 18 e venres 19 de decembro de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Información do Concello de Nigrán estando limitada a 100 prazas que seguirán unha rigorosa orde de inscrición, sempre con prioridade para os empadroados en Nigrán e familias con crianzas. O prezo é de 8 en concepto de entrada ao parque, xa que o Concello sufraga o transporte. A hora prevista de saída é as 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas.

Ubicado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Oporto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se adentren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42