‘Tubanadal’

Data de inicio 19/12/2024
Data de fin 19/12/2024

CONCELLO DE NIGRÁN E CEE JUAN MARÍA OFRECEN POR VEZ PRIMEIRA NO MUNICIPIO O EVENTO MUSICAL ‘TUBANADAL’

Terá lugar este xoves ás 18:00 horas no Centro Comercial Nasas e reunirá a máis de 30 tubistas ou bombardinistas de formacións de toda a comarca para tocar fundamentalmente panxoliñas

Os ‘tubachristmas’ realízanse en todo o mundo desde que Harvey Phillips homenaxeou ao seu profesor cun concerto no Nadal de 1974 en Nova Iork. O obxectivo é divulgar este instrumento menos coñecido entre o público en xeral

Nigrán, 16/12/24.- O Concello de Nigrán e o CEE Juan María ofrecerán este xoves 19 de decembro ás 18:00 horas no Centro Comercial Nasas o primeiro ‘Tubanadal’ que ten lugar no municipio. Este evento musical reunirá fronte a tenda ‘Juan María Sin Etiquetas’ a preto de 30 tubistas e bombardinistas de bandas de toda a comarca para tocar fundamentalmente panxoliñas. Coñecido mundialmente como ‘Tubachristmas’, este tipo de actividade realízanse en todo o mundo desde que o lendario tubistas estadounidense Harvey Phillips homenaxease no Nadal de 1974 ao seu profesor e mentor William J.Bell, nacido o 25 de decembro de 1902, cun concerto na pista de xeo do Rockefeller Center (Nova Iork). O obxectivo fundamental é divulgar este instrumento de vento-metal, xeralmente menos coñecido entre o público. Así, calquera músico de tuba ou bombardino, independentemente do nivel, se pode anotar para participar.

Este primeiro ‘Tubanadal’ de Nigrán ven apadriñado pola Asociación Musical Banda Filharmónica de Vigo co seu presidente ao fronte, Carlos Díaz Álvarez, profesor catedrático no Conservatorio Superior de Música de Vigo e quen formará parte do elenco de músicos xunto a Daniel González Troncoso, secretario desta asociación e director das bandas da escola do Ateneo Musical de Bembrive ou da Escola de Música de Parada.

“A través de William J. Bell reflexionamos sobre a nosa herdanza e honramos a todos os grandes artistas/profesores cuxo legado nos deu altos estándares de desempeño, pedagoxía, integridade profesional e valores persoais”, explica Carlos Díaz.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42