Trail ‘5 Miradoiros’

Data de inicio 20/04/2024
Data de fin 21/04/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA O 20 E 21 DE ABRIL O TRAIL ‘5 MIRADOIROS’, UNHA PROBA QUE FUSIONA DEPORTE, NATUREZA E VISTAS ESPECTACULARES

As competicións desenvolveranse o sábado e domingo 20 e 21 de abril con saídas desde Camos e Chandebrito respectivamente e percorrido polos outeiros das parroquias do interior. As inscricións xa están abertas

Resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’ e triunfou desde o seu inicio o ano pasado acadando o tope de inscricións”, explica o rexedor, Juan González

Nigrán, 19/03/24.- O Concello de Nigrán celebra este 20 e 21 de abril a segunda edición do seu trail ‘5 Miradoiros’, unha proba que fusiona deporte, natureza e vistas espectaculares. Este comezará o sábado pola tarde cunha proba de ascensión e escalonada de 3,5 km e saída desde Camos e continuará o domingo pola mañá desde Chandebrito con tres probas (trail longo, curto e andaina), pasando en todos os casos polas parroquias do interior do municipio (Camos, Chandebrito, Priegue e Parada) e coincidindo cos miradoiros de O Pericoto do Vilar, Sanomedio, Estripeiro, Outeiro das Señoras e Montecastelo. A inscrición para as diferentes modalidades está aberta ata o 16 de abril a través da web www.razapalleira.com, clube que colabora na organización deste evento. O máximo de participantes será de 300.

Este trail resume o noso lema ‘Nigrán, Equilibrio Natural’ e triunfou desde o seu inicio o ano pasado acadando o tope de inscricións”, explica o rexedor, Juan González, quen considera que o propio deseño do itineario “ é a mellor carta de presentación do noso p

atrimonio natural”.

En total, haberá 4 tipos de probas. O sábado (17:00 horas) unha proba de ascensión con saída escalonada e percorrido marcado con saída desde O Xuncido (parte baixa de Camos) á caseta dos cazadores, no cumio da parroquia, o que implica medio kilómetro en vertical.

O domingo desde as 9:30 horas a proba será un percorrido marcado con dúas distancias (25 e 13 km respectivamente), que compartirán boa parte do seu itinerario. Ademais, haberá unha andaina de 13’5 km. Todo rematará con un xantar popular para os participantes na parroquia de Chandebrito.

 

 

Chandebrito