Teatro do Ar: ‘Días Felices’

Data de inicio 27/08/2023
Data de fin 27/08/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN LEVA A OBRA DE TEATRO DO AR ‘DÍAS FELICES’ ESTE DOMINGO A CHANDEBRITO

Será este domingo ás 19.30 horas no novo torreiro das festas. Trátase dunha obra dirixida a todos os públicos e protagonizada polos pallasos Trombón e Trompeta

O Concello de Nigrán continúa coa súa programación cultural de verán este domingo en Chandebrito ás 19.30 horas no novo torreiro das festas coa obra para todos os públicos “Días felices”, de Teatro do Ar, con entrada de balde.

Días felices é unha obra que conta a historia de Trombón e Trompeta, dous pallasos de enterros que buscan recuperar a súa risa nun mundo no que desapareceu. No camiño coñecen a Ledicia, unha rapaza que naceu no mundo triste, e que nunca viu un sorriso. A obra escrita por Pedro Rodríguez é unha comedia na que as personaxes non saben rir. Reflexiona sobre a identidade, a felicidade, e a solidariedade, sen deixar de buscar sorrisos entre o público. Ademais, en Teatro do Ar tamén destacan que os nenos e nenas que vaian a obra terán un pequeno premio ao final.

 

Chandebrito, España