Tanxarina Títeres: ‘Titiricircus’

Data de inicio 5/09/2026
Data de fin 5/09/2026

 

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O SÁBADO NA PRAZA DA BIBLIOTECA ‘TITIRICIRCUS’, A OBRA MESTRA DE TANXARINA

Trátase do espectáculo máis representado da historia do teatro galego, acumulando máis de 1.500 funcións desde a súa estrea en 1987

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 5 de setembro ás 19:00 horas na Praza da Biblioteca ‘Titiricircus’, a obra mestra de Tanxarina Títeres. O espectáculo chega ao municipio coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural de +Escénicas.

‘Titiricircus’ é a obra máis representada da historia do teatro galego, acumulando máis de 1.500 funcións desde a súa estrea en 1987. A obra é unha homenaxe ao circo clásico de carpa alta e bicolor. A través da historia de dous vellos traballadores que rememoran as glorias do seu pasado na pista, o público mergúllase nun xogo participativo permanente. Co uso de marionetas de fíos e un gran sentido do humor, irán desfilando personaxes tan memorables como ‘o home máis forte da Península Ibérica’ ou ‘o malabarista máis divertido do mundo’. Avalado como espectáculo recomendado pola Rede de Teatros e cun libro homónimo da prestixiosa editorial Kalandraka, destaca pola súa forza expresiva, a súa comicidade e esa complicidade única que se xera entre os bonecos e os propios manipuladores.

‘Tanxarina Títeres’ é unha das formacións máis recoñecidas e prestixiosas do teatro de marionetas, tanto dentro como fóra das fronteiras galegas. Foi fundada no ano 1983 por exalumnos de Harry Tozer (mestre da construción e manipulación de marionetas de fío no Institut do Teatre de Barcelona) e por profesionais do teatro infantil galego, a compañía perfeccionou un selo de identidade inconfundible. Nos seus espectáculos combinan con mestría o traballo actoral con técnicas diversas: marionetas de fíos, monicreques de luva, baleas, sombras chinesas e bunrakus.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42