Sorpresa do mimo viral ‘Karcocha’

Data de inicio 17/03/2024
Data de fin 17/03/2024

O CONCELLO VOLVE A TRAER A NIGRÁN A KARCOCHA, O ARLEQUÍN URBANO MÁIS FAMOSO DO MUNDO

O mimo chileno, que acumula máis de 2 millóns se seguidores en redes, reaparecerá o domingo 17 de marzo na contorna do parque infantil de Lourido (Praia América)

Nigrán, 27/02/24.- O Concello de Nigrán repite este ano a experiencia de gozar in-situ de Karcocha, nome artístico do que é o arlequín máis famoso do mundo con máis de 2 millóns de seguidores en redes sociais. O artista chileno Gerardo Castro, quen o pasado 9 de setembro estivo no paseo marítimo de Patos tamén a través do Concello de Nigrán, aparecerá para ‘liala’ nesta ocasión na contorna do parque infantil de Lourido e será o domingo 17 de marzo sobre as 17:30 horas.

“Estamos a falar do artista de rúa máis representativo a nivel mundial, polo que é máis que un orgullo para o Concello de Nigrán poder volver a contar con el. A risa e o espectáculo están garantidos, e precisamente por iso suma millóns de seguidores en redes e miles de persoas que se desprazan a onde el anuncie con tal de poder presenciar os seus espectáculos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que nesta ocasión o punto elixido é Praia América.

Coa súa particular indumentaria e a súa característica voz de pito, Karcocha introduce unha dobre lectura de cada chiste para transformarse nun auténtico arlequín de circo contemporáneo no que prima a interacción co público. Aos seus 38 anos, é o artista de rúa máis famoso do mundo, acumulando 16 anos de experiencia en streetart en 49 países de Asia, América, Oceanía e Europa.

Parque infantil de Playa América, Avenida Praia America, Nigrán, España