‘Sincronizadas’ de Farándula Velutina
O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO A OBRA DE FARÁNDULA VELUTINA ‘SINCRONIZADAS’
Trátase dunha comedia para todos os públicos
Nigrán, 03/11/23.- O Concello de Nigrán continúa co seu clásico ‘Outono de teatro’ este domingo 5 de Novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal coa compañía coruñesa Farándula Velutina presentando a comedia para todos os públicos ‘Sincronizadas’. A entrada é de balde ata completar o aforo. O ciclo forma parte do convenio establecido coa Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA).
Dúas nenas coñécense na sala de urxencias dun hospital e descobren que existe entre elas un vínculo especial. Co paso do tempo a vida vainas levando por camiños distintos, nos que teñen encontros recorrentes coa violencia, a dor, o fanatismo e mesmo a morte, pero esa conexión inexplicable manteraas unidas ata o final. Están sincronizadas.
Fegatea
A comunidade teatral galega, dentro do ámbito afeccionado, é unha das maiores do territorio español e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias constituídos por máis de 600 persoas, conforma na actualidade a entidade máis representativa do teatro amador galego, afianzándose ano a ano como axente cultural imprescindible para a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galega.Dúas nenas coñécense na sala de urxencias dun hospital e descobren que existe entre elas un vínculo especial.