Simulacro de rescate dun cetáceo a cargo de CEMMA
O vindeiro sábado 30 de setembro de 12.00 a 14.00 faremos un simulacro de rescate e asistencia a varamentos na praia de Patos, en Nigrán. Este simulacro será realizado en colaboración co xornal Faro de Vigo, empresa Reciclajes AVI, escola Prado Surf e Concello de Nigrán.
O obxectivo é facer unha exposición divulgativa e formativa do que podemos facer ou non no caso de localizar un exemplar mariño varado na praia. As actividades enmárcanse dentro da divulgación da Rede de Varamentos de Galicia.
Quedades todes máis que convidades a asistir ao simulacro. A intención é realizar todo o proceso ata a entrada na auga, polo que as/os máis valentes traede toalla e neopreno se tedes.
Se podes incríbete previamente no correo: cemmasolicitud@gmail.com senón no momento previo á actividade na mesma praia.