Ruta teatralizada ‘Domingo Villar-A praia dos Afogados’

Data de inicio 22/07/2023
Data de fin 22/07/2023

Nigrán estrea o sábado unha ruta teatralizada inspirada na “Praia dos afogados” de Domingo Villar

A actividade é gratuíta e a inscrición se pode facer no seguinte enlace: https://forms.gle/HtdaPvh5a1cGF5XZA. Só hai 25 prazas.

A ruta comezará na rúa de Portocelo e rematará no porto de Panxón

Nigrán continúa coa súa aposta polas paseos guiados dar a coñecer ao máximo os seus mellores segredos. Este sábado estrea unha ruta teatralizada inspirada en “A praia dos afogados”, a novela negra coa que Domingo Villar retrato o municipio. A ruta que organiza Teatro do Ar coa colaboración da Cooperativa Somos Terra comezará en Monteferro, concretamente na rúa de Portocelo (https://goo.gl/maps/4K4pBaUEb588xGsv9), e rematará no porto de Panxón.

A inscrición é totalmente gratuíta e pódese facer a través do seguinte enlace Só hai 25 prazas. As persoas que participen terán que levar obrigatoriamente unha lanterna e un chaleco reflectinte. Ademais, tamén é preciso lembrar que a ruta non é circular e que terá unha duración aproximada de 1.30 – 2 horas.

Dende Teatro do Ar explican que a ruta estará inspirada nos acontecementos e personaxes do libro, pero que non é a mesma historia. “Queremos coller a esencia que nos agasallou Domingo Villar para levar a xente a súa obra a través dos segredos da ruta”, explica. As persoas que participen na ruta deberán adiviñar cal dos personaxes que os van acompañar é o verdadeiro asasino ou asasina dun mariñeiro.

Monteferro, Monteferro, Panjón, España