Ruta de Sendeirismo a Talasnal

Data de inicio 26/03/2023
Data de fin 26/03/2023

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 26 de marzo unha xornada gratuita de sendeirismo de 6 km polas aldeas do Xisto (serra de Lousa, centro de Portugal). A dificultade do roteiro é alta , polo que é necesario estar en boas condicións físicas. Os interesados en participar teñen de prazo para anotarse ata este luns e martes 20 e 21 de marzo na Oficina de Turismo de Panxón, tendo prioridade os empadroados no municipio e distribuíndose as prazas por orde de inscrición. O Concello disporá dun autobús que sairá do Concello ás 8:00 horas cara a Talasnal para chegar de volta aproximadamente ás 21:00 horas, debendo levar cada un a súa propia bolsa co picnic para xantar de campo, asi como auga. Dada a natureza desta excursión, é imprescindible acudir debidamente equipado, con roupa cómoda e zapato axeitado.

Os asistentes percorrerán os sendeiros das as aldeas do Xisto na Serra da Lousa. Estas aldeas forman un dos conxuntos turísticos máis singulares do país, coa súa arquitectura a base de pedra de lousa (‘xisto’) e con gran atractivo para os amantes do turismo de natureza.

Talasnal (Aldeias do Xisto), Lousã, Portugal