Roteiro micolóxico para a infancia-SUSPENDIDO POR CHOIVA
Data de inicio
31/10/2022
Data de fin
31/10/2022
Esta xornada ten como obxectivo iniciar a nenos e nenas do concello no mundo da investigación micolóxica máis alá da recolección e da súa comestibilidade ou toxicidade, investigando sobre o terreo os distintos grupos de fungos, as súas adaptacións, as interrelacións con outras especies e a función fundamental que aportan os fungos para a saúde e a conservación dos ecosistemas forestais. A andaina micolóxica desenvolveráse o luns 31 de Outubro a partires das 11 da mañan partindo da igrexa de Camos facendo un percorrido polo bosque de ribeira do río Muiños e o futuro parque forestal de Nigrán.