Rondalla de Santiago de Parada

Data de inicio 24/12/2023
Data de fin 24/12/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO O TRADICIONAL DESFILE DA RONDALLA DE SANTIAGO DE PARADA POLO MUNICIPIO

Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa

Nigrán, 22/12/23.- O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este sábado o tradicional pasarrúas de Nadal polo municipioAsí, a Rondalla de Santiago de Parada sairá ás 16:00 horas da rúa Telleira cara o Concello para o recibimento oficial e, posteriormente, ás 17:00 horas, percorrerán Panxón, ás 18:00 Praia América e ás 19:00 A Ramallosa. As rondallas son formacións musicais con gran tradición en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, contando o Concello de Nigrán coa de Santiago de Parada, recoñecida precisamente co ‘Premio ao Mérito cultural Nigrán 2023’.

Nigrán, España