Romería popular

Data de inicio 9/08/2025
Data de fin 9/08/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE O SÁBADO 9 DE AGOSTO UNHA ROMARÍA NO MUÍÑO DE PORTO DO MOLLENigrán, 06/08/25.- O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece unha romaría este sábado 9 de agosto no Muíño de Porto do Molle. O obxectivo é vivir un día de festa e ledicia con destacadas formacións musicais da comarca. A xornada arrancará ás 19:30 horas co grupo de pandereteiras As Carrasqueiras do C.C.R. Bolos da Carrasca e continúa ás 20:00 horas con Baiona Bay, grupo xurdido hai 12 anos en Baiona integrado por once voces acompañadas por bandurrias, laúdes, guitarras, baixo e percusión, e que dan forma a temas populares galegos, versións de temas actuais ou clásicos como 'Agárrate a mi, María' ou 'My way'. A xornada rematará coa actuación da Orquesta Kubo a partir das 23:00 horas, unha formación coñecida polos seus grandes espectáculos e o seu escenario móbil de 29 metros de longo e 11 metros de alto, considerado o máis grande de Europa no ámbito das verbenas galegas; ofrecen un repertorio variado para todos os gustos e un espectáculo visual potente con acrobacias e diversas performances.Durante toda a xornada haberá unha cantina con bebidas e comida á venda.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42