Reforestación e inoculación de shiitake

Data de inicio 17/03/2024
Data de fin 17/03/2024

O Concello de Nigrán, xunto ás comunidades de montes de Camos e Chandebrito, organizan este domingo 17 de marzo unha xornada de reforestación de árbores autóctonas e cultivo de shiitake no parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito) de 10:30 horas a 13:30 horas. Así, por unha banda finalizarase a replantación destes 1.000m2 no corazón do parque e, por outra, a Brigada Forestal Municipal e a empresa Simbiose impartirán un obradoiro gratuíto de cultivo in-situ de shiitake aberto a toda persoa que o desexe sen necesidade de inscrición previa (o punto de encontro é o coñecido como ‘Miradoiro das Señoras’, 42.147114,-8.758718 ). A cambio, os participantes obterán a formación necesaria para iniciarse por si mesmos na produción de setas ao tempo que colaboran para que naqueles tocóns onde se inocule o micelio non rebrote o eucalipto grazas ao efecto parasitario dos cogumelos, que acaban desintegrando o tronco por completo.

42.147114,-8.758718