Presentación do libro de Teresa Chamorro: ‘El nudo de Tuim’
O CONCELLO DE NIGRÁN PRESENTA O LIBRO DE TERESA CHAMORRO ‘EL NUDO DE TUIM’
Nigrán, 10/12/24.- O Concello de Nigrán acolle este venres 13 de decembro ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal a presentación da derradeira novela de Teresa Chamorro, ‘El nudo de Tuim’. Nacida en 1976 en Panxón, Chamorro é unha enfermeira con alma de escritora. Durante a pandemia veu a luz o seu primeiro traballo ‘El día que fui juzgada’ con gran éxito e agora lanza o segundo, que será presentado polo alcalde de Nigrán, Juan González. Tres adolescentes aparecen aforcadas en diferentes puntos da comarca e as tres cunha tatuaxe: un nudo de Tuim. Desde ese intre, unha cadea de segredos abominables comeza a saír á luz
