Obradoiro ‘Mulleres inventoras’ (imprescindible inscrición previa)

Data de inicio 26/10/2025
Data de fin 26/10/2025

O CONCELLO DE NIGRÁN COLABORA ESTE DOMINGO CON FAVALMI PARA REALIZAR O OBRADOIRO ‘MULLERES INVENTORAS’

É imprescindible incribirse previamente en https://favalmi.org/mulleres-inventoras/

Nigrán, 23/10/25.- O Concello de Nigrán colabora este domingo 26 de outubro con FAVALMI (Federación de Anpas do Val Miñor) para ofrecer no Auditorio Municipal o obradoiro ‘Mulleres inventoras’, ideado para crianzas maiores de 6 anos e con sesións ás 16:00 e 18:00 horas. A Inscrición é obrigatoria (máx. 25 participantes por sesión) a través da súa web https://favalmi.org/mulleres-inventoras/

A actividade “Mulleres Inventoras” é unha viaxe pola historia das mulleres que, grazas á súa creatividade e talento, fixeron avanzar o mundo coa súa intelixencia. Descubriremos as historias e inventos de Melitta Sollmann (filtro de café), Mary Anderson (limpaparabrisas), Josephine Cochrane (lavalouzas), Ángela Ruiz Robles (libro electrónico), Stephanie Kwolek (Kevlar… e moitas máis! A través dun obradoiro práctico, divertido e participativo, os nenos e nenas poderán experimentar, crear e aprender xogando coa ciencia e a igualdade.

A actividade está organizada por FAVALMI (Federación de ANPAs do Val Miñor) e subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria SI449B para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42