Obradoiro de pintura

Data de inicio 27/12/2023
Data de fin 27/12/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE NADAL CATRO OBRADOIROS DE PINTURA INTERXENERACIONAIS ENTRE O 26 E O 29 DE DECEMBRO

A pintora e ilustradora Laine Villero impartirá a actividade, dirixida a que persoas maiores e cativos realicen conxuntamente cadanseu lenzo. O prazo de inscrición está aberto no 649182287

“Así entendemos en Nigrán que debe ser o espírito do Nadal: compartir o noso tempo e aprender uns de outros sen importar a idade”, considera o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán ofrece un Nadal máis actividades interxeneracionais dirixidas a que maiores e cativos compartan o seu tempo de lecer e aprendan conxuntamente. Nesta ocasión, o Concello ofrece catro obradoiros gratuítos de pintura dirixidos pola pintura e ilustradora Laine Villero que se celebrarán os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 10:00 a 12:00 horas no Local Social de Vilaméan para un máximo de 16 persoas cada día. Os interesados en participar deben inscribirse previamente no 649182287 indicando o día elixido e o nome dos integrantes que se apuntan (o único requerimento é que sexa mínimo unha persoa maior, xubilada, con un ou varios cativos ao seu cargo). Durante dúas horas cada un dos grupos inscritos pintará conxuntamente o seu propio lenzo e se lles ofrecerá un petisco, todo de xeito gratuíto.

“Así entendemos en Nigrán que debe ser o espírito do Nadal: compartir o noso tempo, as nosas emocións e aprender uns de outros sen importar a idade”, considera o alcalde, Juan González, quen engade que esta actividade “é a ideal para que avós e netos compartan un día de vacacións”.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España