II Trail Asaltamontes Female

Data de inicio 29/09/2024
Data de fin 29/09/2024

O CONCELLO DE NIGRÁN ACOLLE ESTE DOMINGO EN MONTEFERRO A SEGUNDA EDICIÓN DO TRAIL DE RELEVOS EXLUSIVAMENTE FEMININO QUE SE CELEBRA EN ESPAÑA

Participarán 300 mulleres chegadas de todo o país, o dobre que o ano pasado. Novamente, tratase dun trail por relevos en equipos de 4 mulleres

A iniciativa parte da asociación Asaltamontes, fundada pola atleta Aroa Sío e Arantxa Pérez de Lis, e o obxectivo é motivar a máis mulleres a que practiquen este deporte todavía minoritario entre elas

Somos unha referencia en España grazas a esta proba e estamos moi orgullosos porque nesta segunda edición o interese por participar multiplicouse”, explica o alcalde, Juan González

Nigrán, 26/09/24.- O Concello de Nigrán repite este domingo 29 de setembro una proba deportiva única en toda España: un trail por relevos exclusivamente feminino. A competición, bautizada como ‘Asaltamontes Female’, tome o nome da devandita asociación, fundada no 2022 pola corredora profesional Aroa Sío (natural de Fragoselo, Vigo) e a súa amiga Arancha Pérez de Lis co obxectivo de animar a máis mulleres a “botarse ao monte” e deixar de ser minoría neste deporte. Esta carreira pioneira recibirá a 300 mulleres de toda España (o dobre que no ano 2023, cando se estreou) e terá lugar durante toda a mañá en Monteferro en equipos de 4 mulleres.

Somos unha referencia en España grazas a esta proba e estamos moi orgullosos porque nesta segunda edición o interese por participar multiplicousesabemos que cundirá o exemplo e acabará celebrándose en mais localidades, que é o que buscamos, normalizar estes eventos”, explica o alcalde, Juan González, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter contando neste proxecto co Concello de Nigrán porque en Galicia só o 10% do total de participantes en trails son mulleres.

A carreira terá lugar durante toda a mañá e adoptará un emocionante formato de relevos, onde cada integrante de cada equipo dará unha volta a un bucle circular de 2,5 quilómetros, nun terreo de monte tecnicamente fácil. As participantes estarán comprometidas a completar polo menos 2 voltas. A estratexia para alcanzar este obxectivo será determinante, xa que o equipo que logre completar máis voltas alzarase coa vitoria. As categorías serán 5 (de ‘baby’ a ‘cañeras’), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta deseñada así para, precisamente, favorecer a parte máis lúdica deste deporte e “enganchar” a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez. Durante toda a tarde celebrarase unha sesión vermú aberta a toda a ciudadanía con concertos, comida e mercado artesanal para confraternizar no propio miradoiro.

“A contorna é marabillosa, o desnivel pequeno e non é unha carreira moi técnica, o obxectivo é que precisamente sexa un trail sinxelo que axude a que as mulleres lle perdan o medo”, explica Arancha, quen recoñece que cando comezou, con 39 anos, este deporte a salvou dunha depresión. “Correr é saúde mental e física, pero moitas veces as mulleres non se atreven a saír soas ao monte ou non ven o momento, ou están centradas nos coidados familiares, por iso creamos Asaltamontes, para animarnos entre todas a correr en grupo. Estamos contentas porque polo pronto cumprimos co obxectivo de motivar a máis mulleres duplicando a inscrición. Quen o proba non o deixa”, garante. Así, “as asaltamontes” son máis de 200 mulleres de toda a provincia (fundamentalmente Val Miñor e Vigo) que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes). O 13 de outubro participaran nunha quedada para correr simultaneamente con mulleres de México, Costa Rica e Brasil, onde se teñen conformado grupos.

Monteferro, Monteferro, Panxón, Nigrán, España