II Festa Ecuestre de Nigrán

Data de inicio 17/09/2023
Data de fin 17/09/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE DESDE ESTE VENRES E ATA O DOMINGO A SÚA SEGUNDA FESTA EQUINA EN PORTO DO MOLLE

Trátase da final galega do campionato de enganches e da ‘Copa Galicia’ e o evento inclúe doma clásica e diferentes espectáculo ecuestres, ademais de concertos e unha feira de artesanía

Nigrán, 12/09/23.– O Concello de Nigrán, en colaboración con ACOAGA, a Asociación Hípica Gz-Horse e a Federación de Hípica Galega, ofrece desde este venres e ata o domingo en Porto do Molle a súa segunda festa equina, consistente na final do campionato galego de enganches e ‘Copa Galicia’. Ademais, o evento inclúe diferentes exhibicións, concertos e estará instalada no recinto unha feira de artesanía.

A festa arranca o venres con exhibicións de diferentes clubes e bautismos hípicos. O sábado pola tarde, Alejandro Nande, veciño de Nigrán e Campión de España de Doma Clásica Paraecuestre con tan só un 10% de visión, realizará desde as 17:00 horas unha exhibición de doma clásica. A partir das 18:00 haberá unha competición na especialidade de jincana ou ‘mounted games’. A xornada continuará con música tradicional en directo.

Xa o domingo, desde as 11:00 horas, será o concurso demostración de enganches de carruaxes con diferentes modalidades (con dous cabalos ou un), e ás 13:30 a entrega de trofeos. Ás 16:30 horas será a final da Copa de Galicia e o evento rematará ás 20:00 horas co concerto de ‘Black hats’.

Parque Empresarial Porto do Molle - ZFV, Rúa das Pontes, Nigrán, España