I Ciclo Novos Intérpretes: Enrique Monteoliva (barítono) e Iñaki Gezala (piano)
O CONCELLO DE NIGRÁN CONTINÚA CO BARÍTONO ENRIQUE MONTEOLIVA E O PIANISTA IÑAKI GEZALA O ‘I CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES’
Procedentes de Andalucía e País Vasco respectivamente, ambos estudan na Escola Superior de Música de Cataluña como alumnos aventaxados ao reunir ambos premios de recoñecido prestixio
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 19 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto do barítino Enrique Monteoliva acompañado do pianista Iñaki Gezala, encadrado no ‘I Cliclo Novos Intérpretes’ lanzado o pasado decembro desde o consistorio. Xuntos darán vida a obras de Clara Schumann, Franz Schubert, Mozart ou Reynaldo Hahn. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.
O barítono andaluz Enrique Monteoliva estudou Piano e Canto no Conservatorio de Almería e actualmente está a terminar os estudos superiores na ESMuC (Barcelona) como barítono con Enedina Lloris. Foi finalista do IV Concurs de Cant Josep Palet (2021) e recibíu o Premio ao mellor intérprete de lied outorgado pola Fundació Vitoria dos Ángeles no X Concurs de Cant Germans Pla, Ciutat de Balaguer (2021). Tamén no 2021 debutou no Petit Liceu con I due gobbi (Marcos Portugal), no papel de Rusignolo.
O pianista vasco Iñaki Gezala formouse en Hondarribia e no Conservatorio de Irún finalizando coas máis altas calificacións. Actualmente estuda no Superior de Catalunya co profesor Rafael Salinas. Entre os seus premios máis recentes destaca o ‘Eurasia Piano Forum-2021’ ou o primeiro premio ‘Donostia Piano Festival’ e segundo no ‘Festival Isaac Albéniz’ en Camprodón, Cataluña. Ten actuado como solista en diferentes salas de concerto de España e en Grecia no ‘Poros International Piano Festival’.