I Ciclo Cultural Arxentina-Nigrán: ‘Tu cuerpo en mi habitación’ (curtametraxe) + ‘No preguntes’ (longametraxe)
https://www.nigran.es/i-ciclo-cultural-arxentina-nigran/
O CONCELLO E O CONSULADO ARXENTINO CONTINÚAN ESTE XOVES
O ‘I CICLO CULTURAL ARXENTINA-NIGRÁN’ COA CURTA ‘TU CUERPO EN MI HABITACIÓN’ E A PELÍCULA ‘NO PREGUNTES’
A sesión terá lugar no cine municipal da Ramallosa a partir das 19:00 horas con entrada libre ata completar aforo. Trátase de dúas óperas primas estreadas en Arxentina en 2025
No exterior está a exposición colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’
Nigrán 11/05/26.- O Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo continúan este xoves 14 de maio ás 19:00 horas coa curta ‘Tu cuerpo en mi habitación’ e a longametraxe ‘No preguntes’ o primeiro ‘Ciclo Cultural Argentina-Nigrán’, adicado íntegramente a divulgar autores e creacións artísticas deste país co fin de fortalecer os lazos históricos e culturais que nos unen. A entrada a esta doble sesión, que terá lugar nos cines municipais do Centro Comercial A Ramallosa, é de balde ata completar aforo.
Primeiramente proxectarase ‘Tu cuerpo en mi habitación’, do director novel Axel Cheb Terrab e galardoada co premio á mellor curta arxentina na última edición do Festival Internacional de Cine de Mar de Plata. A duración é de 20 minutos e trata de como dous ex-amantes, sabendo que nunca volverán verse, son dolorosamente conscientes do paso do tempo. A continuación proxectarase ‘No Preguntes’, unha comedia de 2025 ópera prima de Agustín Palleres Yoffe. Lisa é unha moza desordenada e sen rumbo ata que un día ten se que conseguir un traballo. Por sorte o problema non acaba sendo conseguilo senón entender para que foi contratada, algo que ninguén aí é capaz explicarlle.
Pola súa banda, dentro deste mesmo ciclo, nos corredores do Centro Comercial está montada ata o 31 de maio a exposición fotográfica colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’, comisariada pola artista visual Candelaria Magliano coa participación especial de Blas González co seu traballo ‘Lights Jam Portraits’.
O cine arxentino sigue o sábado 23 de maio ás 18:00 horas cuna sesión adicada ao público familiar con entrada gratuíta mediante retirada de invitación desde unha hora antes (curtametraxe ‘El día que me quieras/ El viaje de Gardel’ e unha longametraxe por definir).
O broche de ouro ao ciclo o porá o espectáculo musical ‘Gardel en Galicia. El homenaje’, o domingo 24 na Praza da Biblioteca ás 12:00 horas, conmemorando así o Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo o seu ‘Día da Patria’ (25 de maio).
