I Car Boot Sale – ‘Mercado desde o maleteiro’

Data de inicio 9/08/2026
Data de fin 9/08/2026

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECERÁ O DOMINGO 9 DE AGOSTO O PRIMEIRO ‘CAR BOOT SALE’ DA COMARCA ADICADO Á VENDA DE SEGUNDA MAN POR PARTE DE PARTICULARES

O coñecido como ‘mercado de maleteiro’ é habitual en moitos países e consiste en que os particulares poñan á venda obxectos que xa non utilizan empregando o seu propio coche como escaparate

As inscrición para participar como vendedor están abertas ata o 2 de agosto a través do mail carbootsnigran@gmail.com , no teléfono 677429862 ou no IG @carbootsnigran

A iniciativa, a cargo da veciña Arantxa García, desenvolverase de xeito piloto no esteiro de A Foz

Nigrán 22/07/26.- O Concello de Nigrán, fiel ao seu lema ‘Equilibrio natural’, ofrecerá durante toda a mañá do domingo 9 de agosto no esteiro de A Foz (A Ramallosa) o primeiro Car boot Sale da comarca. Traducido como ‘mercado desde o maleteiro’, trátase dunha feira informal, moi popular en Reino Unido, onde os particulares venden artigos de segunda man directamente desde o maleteiro dos seus coches (desde xoguetes a roupa, menaxe, libros, artigos de decoración, aparellos eléctricos, discos, pequeno mobiliario…). O obxectivo é darlle unha segunda vida ao material en desuso que ‘habita’ en cada casa e que pode resultar útil para outra persoa que, a súa vez, o obtén a un prezo económico. Para este primeiro car boot sale a inscrición para participar cun posto de venda está aberta ata o domingo 2 de agosto a través do mail carbootsnigran@gmail.com , no teléfono 677429862 ou no IG @carbootsnigran. O prezo é de 20 € por coche e 25 € por furgoneta. Durante a xornada, que se desenvolverá de 10:30 a 15:00 horas, celebraranse obradoiros para rapazada e haberá food-trucks e música en directo.

Esta iniciativa parte de Arantxa García, veciña de Nigrán que vivíu desde moza os ‘car boots sale’ de Inglaterra e que sempre soñou con trasladalos a súa terra. De xeito piloto será na zona do auditorio ao aire libre de A Foz, pero o obxectivo, se ten boa acollida, é celebralo o primeiro domingo de cada mes en Praia América, nunha zona de fácil acceso de vehículos. Máis que directamente desde o maleteiro, que as cousas igual non se aprecian ben, trátase de expor a mercadoría ao carón do mesmo, no chan ou nun mesado, como cada quen prefira”, explica Arantxa, quen insiste en que esta primeira experiencia será piloto e, previsiblemente, sen poder acceder os vehículos debido ás propias características dese recinto.

Cando Arantxa nos propuxo esta iniciativa non dubidamos en apoiala porque está totalmente en sintonía cos valores que queremos transmitir desde o municipio”, sinala o alcalde, Juan González, quen resume o evento no refrán popular “o lixo duns é o tesouro de outros”.


Warning: Illegal string offset 'address' in /srv/vhost/nigran.es/home/html/wp-content/themes/nigran/single-agenda.php on line 42