Homenaxe a Rosalía de Castro
CONCELLO DE NIGRÁN E IES PROVAL E VAL MIÑOR OFRECEN ESTE VENRES UN ACTO HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Terá lugar desde as 20:00 no Auditorio Municipal e incluirá lectura pública de poemas e actuacións das corais ‘Novos Aires’ e ‘Ecos do Castelo’
Nigrán, 28.02.23- Concello de Nigrán, IES Proval e IES Val Miñor ofrecen un ano máis unha homenaxe conxunta a Rosalía de Castro este venres 3 de Marzo desde as 20:00 horas no Auditorio Municipal. O acto constará dun recital de poemas da célebre escritora a cargo do alumnado de ambos centros (e público que desexe sumarse) e interpretación dos mesmos pola coral Novos Aires de Nigrán (‘De balde’, ‘Soia’ e ‘Negra sombra’) e Ecos do Castelo de Parada (‘Caldo de Gloria’, ‘Alborada’ e ‘Adios ríos’). A entrada é de balde ata completar aforo.
—