Glosalenta

Data de inicio 4/06/2023
Data de fin 4/06/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE DOMINGO O PROXECTO ARTÍSTICO DE ‘GLOSALENTA’

O dúo está composto pola salmantina Julia Alonso García-Arévalo coa viola de gamba e o performer lisboeta Hugo Milhanas

Nigrán, 30.05.23.- O Concello de Nigrán ofrece este domingo 4 de Xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o espectáculo musical de ‘Glosalenta’, un proxecto artístico froito do dúo composto pola salmantina Julia Alonso García-Arévalo (viola de gamba) e o performer lisboeta Hugo Milhanas. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Formado no ano 2019, ‘Glosalenta’ é un proxecto artístico multidisciplinar que combina sonoridades e repertorios de música antiga con rexistros performativos contemporáneos como o spoken word ou a radiofonía, investigando formas de diálogo entre o discurso musical, o literario e a proxección escénica. Realizou espectáculos no ámbito do Festival Internacional das Artes de Castela e León (Salamanca, 2019) e no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo (2020).

Hugo Milhanas Machado (Lisboa, 1984) é escritor, performer e músico experimental, doctor en Filoloxía Moderna.

Julia García-Arévalo Alonso (Salamanca, 1985). Violagambista e cantante, doctora en Filoloxía Hispánica.

Concello de Nigrán