‘Glamping’-Su.Ma

Data de inicio 1/08/2023
Data de fin 1/08/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE MARTES ‘GLAMPING’, TEATRO XESTUAL E DE CIRCO A TRAVÉS DE CULTURA NO CAMIÑO

A cargo da compañía circense Su.Ma, terá lugar ás 20:00 horas no escenario ao aire libre da Foz do Miñor

Nigrán, 31.07.23.O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este martes 1 de Agosto ás 20:00 horas no escenario ao aire libre de A Foz do Miñor o espectáculo ‘Glamping’ da compañía de novo circo Su.Ma, dirixido a todas as idades. Tres amigos, tres personalidades, tres caracteres moi distintos embárcanse na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Pero a convivencia non sempre é cousa fácil. E os conflitos toman parte na escena cotiá dos campistas. Superarán os nosos personaxes o reto de compartir un espazo común con elegancia?, Que pasa cando se torcen as cousas?, “O rozamento fai o agarimo”, din…

Glamping é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera podería ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación.Teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown. Cando parece que todo está perdido… a creatividade xorde abrindo un camiño inesperado..

Rúa Arquitecto Palacios, 18, 36340 Nigrán, Pontevedra, España