‘Galicia terra de cogomelos: consumo ou fobias?’

Data de inicio 24/11/2023
Data de fin 24/11/2023

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 24 de novembro ás 20 horas, na vella estación do tranvía da Ramallosa, unha conferencia titulada “Galicia terra de cogomelos: consumo ou fobias?, que impartirá a profesora María Luisa Castro.

A conferenciante, profesora da Universidade de Vigo e doutora en Bioloxía é unha investigadora de moi longa experiencia no ámbito da botánica e da micoloxía. Moi coñecida pola súa faceta divulgadora en materia de cogomelos e outros aspectos referidos á botánica e o medio natural galego, ten escrito recentemente unha novela titulada “A saga das curandeiras”.

Na conferencia falarase dende unha perspectiva etnobotánica, das relacións que o pobo e a cultura galega mantivemos ao longo do tempo cos fungos, nun equilibrio complexo entre as tradicións e hábitos de consumo e as fobias existentes cara os cogomelos.

Marisa Castro será presentada pola profesora e membro da Directiva de Lucenza, Camiño Noia Campos.

PO-325, 18, 36370 Nigrán, Pontevedra, España