Festas de San Roque de Camos ata o 25 de Agosto

Data de inicio 23/08/2023
Data de fin 24/08/2023

O CONCELLO DE NIGRÁN DESTINA 4.000 € AO PROGRAMA ‘MÚSICA NAS PARROQUIAS’ PARA COLABORAR NA CELEBRACIÓN DA FESTA DE SAN ROQUE DE CAMOS

A celebración terá lugar desde mañá mércores 23 de agosto ao venres 25 e inclúe verbena cada noite con grupos como La Banda de Ayer, Tic Tac o Ritmo

Nigrán, 22/08/23.- O Concello de Nigrán colabora coa celebración das festas de San Roque de Camos, do mércores 23 de agosto ao domingo 25, achegando 4.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’. Este programa municipal finánciase a través da liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e conta cun orzamento total de 40.000 € que se distribúen entre todas as festas patronais de Nigrán, ben para contratar bandas de música ou orquestras.

A festa de San Roque arranca no devandito torreiro mañá con procesión e gaitas do C.C. A Merced de Chaín pasarrúas e verbena a partir das 21:30 coa orquestra La Banda de Ayer e Trío Tic-Tac. O xoves ao mediodía procesión e concerto coa Banda de Música do Val Miñor e a partir das 21:30 Orquesta Los Magos e Trío La Noche del Grove. O día 25 procesión ao mediodía co Grupo de Gaitas Malas Herbas, ás 17:00 as tradicionais poxas e pola noite Orquesta Ritmo e Trío Soprano.

“Volvemos a colaborar coas entidades festeiras e veciñais para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

O programa municipal ‘Música nas Parroquias’ colaborou xa coas festas do Santísimo Cristo da Victoria en Chandebrito e San Xoan de Panxón, San Pedro da Ramallosa, Santiago de Parada, Carme de Lourido, San Fiz de Nigrán (organizado integramente polo Concello), Virxe das Angustias, San Roque de Camos agora e, finalmente, será o Bo Xesús de Priegue.

Rúa de San Roque, Nigrán, España