Exposición Pictórica de Rafael Jiménez Ambel

Data de inicio 16/12/2022
Data de fin 16/12/2022

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE NO AUDITORIO MUNICIPAL UNHA EXPOSICIÓN DO PINTOR RAFAEL JIMÉNEZ AMBEL

Doutor Cum Laude en Belas Artes, é profesor de debuxo

Nigrán, 16.12.22.- O Concello de Nigrán ofrece duranto todo o Nadal no Auditorio Municipal una exposición do pintor Rafel Jiménez Ambel, afincado en Panxón e quen o ano pasado homenaxeou aos bombeiros do GES Val Miñor cun mural alusivo á loita contra os incendios de 2017 en Chandebrito. A exposición estará aberta de luns a venres todas as mañás e as fins de semana que haxe actos no Auditorio.

Ambel naceu en Huéscar, provincia de Granada (España) en 1958. Aos 10 anos foi vivir a Valencia. Na actualidade reside en Panxón e exerce como profesor, pintor e escultor. É Doutor Cum Laude en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (1986) e diplomado en Estudos Avanzados en Deseño en Enxeñería e en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo. Ademais de pintor, é profesor de debuxo no Ensino Secundario.

Concello de Nigrán, Praza Constitución, Nigrán, España